Con tres equipos máis que a tempada pasada, a segunda edición da Copa Federación Infantil de Hóckey Liña disputará este domingo a súa primera fase cun sistema de competición diferente, o que obrigará a que os partidos se xoguen no Pazo dos Deportes de Riazor e no Pavillón Agra 1, ambos na cidade da Coruña, pois ademais a sede estará conxuntamente organizada polos clubes locais Galicia Rollers e Alquimia InLine.
Haberá tres grupos, un formado por catro equipos e os outros dous con tres, que se enfrontarán en formato liguilla a unha soa volta todos contra todos. Os primeiros clasificados de cada un deles pasarán á segunda fase mentres que o cuarto e derradeiro equipo que accederá á mesma sairá do segundo mellor clasificado dos tres grupos. Eses catro equipos xogarán as semifinais en Santiago de Compostela o 2 de abril, das que sairan os dous finalistas.
Nesta primera fase o Grupo A está formado polos equipos Galicia Rollers “B” e Alquimia InLine da Coruña, Morcegos Hóckey Liña de Ourense e Lóstregos HóckeySale de Lugo. O Grupo B está composto por A Guarda HL da Guarda, Alquimiños InLine da Coruña e Vigo Blue Ringed de Vigo. Pola súa banda o Grupo C queda con Meiguiñas de Lugo, Galicia Rollers “A” da Coruña e Lóstregos Olimpo XXI de Lugo.