PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Jun 26

Avance Copa Federación de Patinaxe Artística

Unha nova competición da modalidade libre de Patinaxe Artística estrearase este sábado 29 de xuño. A primeira proba da Copa Federación, enfocada aos patinadores e patinadoras de Primeira Categoría, terá a súa posta en marcha no pavillón do Restollal de Santiago de Compostela (A Coruña), na que se contará con medio cento de participantes das categorías Alevín, Infantil, Cadete, Xuvenil e Júnior.

Organizada polo Club Patinaxe Compostela, a primeira hora da competición será para os adestramentos, de 9:00 a 10:00, celebrando a continuación o programa curto de Júnior, Xuvenil, Cadete e Infantil, pois a Alevín só realizará o programa longo de 13:15 a 14:15. Pola tarde, de 16:00 a 20:45 horas, restará a quenda dos longos para as categorías que desenvolveron o curto durante a mañá.

Os horarios por categorías e a orde de saída poden ser consultados na páxina web de competicións de Patinaxe Artística.

#eupatino

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL