Oito equipos disputan este domingo 22 de abril a fase previa da Copa Federación Cativos para xogadores e xogadoras de categoría Benxamín. Será na Polideportiva n.º 1 de Riazor de A Coruña coa organización do ADC Alquimia Inline cun sistema de competición formado por dous grupos, A e B, con tres equipos, e outro, o C, con dous, que xogarán no caso dos dous primeros una liguilla de todos contra todos mentres no C haberá un único partido. Os primeiros clasificados de cada grupo acceden directamente á fase final mentres que os segundos terán unha nova oportunidade, pois integrarán o grupo D, do que sairá o cuarto conxunto que acceda ás semifinais.
Liga Galega Benxamín e Feminina
Ademais, a intensa xornada de partidos de Hóckey Liña complementarase coa disputa do derradeiro encontro da Liga Galega Benxamín o sábado pola tarde entre ADC Alquimia Inline a Galicia Rollers, no Pazo dos Deportes de Riazor, nunha competición que xa ten as prazas para as semifinais da Final a 4 (20 de maio) definidas, que xogarán Peque Lóstregos-ADC Alquimia Inline e Club Hóckey Minimeigas-Morcegos HL.
Tamén no Pazo dos Deportes de Riazor e a continuación do anterior se disputará un encontro da Liga Galega Feminina entre ADC Alquimia Inline e Brigantium, aínda que nesta categoría restará un partido para rematar a mesma o 11 de maio entre os dous primeiros clasificados, Lóstregos Feminino e CH Feminino Meigas. Precisamente o Lóstregos Feminino xogará este sábado 21 de abril en Lugo ante Brigantium, sendo as de Lugo o único conxunto que conta os seus partidos por vitorias.
#eupatino
.