Coa organización do Club Aehde, a terceira edición de Copa Deputación de Patinaxe estará centrada este ano en varias modalidades. Aproveitando a festividade do mércores 1 de novembro, o pavillón municipal Paco Chao de O Carballiño acolle desde as 16:00 horas a competición de Patinaxe Artística na categoría de Niveis para os tres clubes da provincia de Ourense: o anfitrión Aehde, o tamén local Fénix e o CD Ourela da capital. Á súa conclusión, haberá un partido de exhibición de Hóckey Liña que enfrontará aos equipos da categoría Benxamín de Morcegos de Ourense e a un combinado formado por Vigo Blue Ringed e Iguanas de Marín.
Para a tarde do sábado 4 de novembro quedará a modalidade de Patinaxe de Velocidade, con patinadores e clubes de Ourense, Bande e O Carballiño, así como outros invitados e con máis experiencia procedentes de Vigo e Sada.
#eupatino