Este fin de semana celébrase en tres sedes o Campionato Rexional de Patinaxe Artística na modalidade de Grupos Show. O CP Axel Arteixo organiza a correspondente á da provincia de A Coruña o sábado e o domingo (19-20 de maio) no Pazo dos Deportes de Arteixo, con presenza de tódalas categorías. En Pontevedra, será o sábado baixo a organización do CP Rosaleira Mos no Pavillón Óscar Pereiro mentres que en Lugo, tamén o sábado, o Club Campelas levará o peso organizativo no Pavillón Municipal de Bóveda.
Os horarios e ordes de saída podedes consultalos na nosa páxina web de competicións.
#eupatino