Este sábado 10 de xuño dispútase o Campionato Provincial de Patinaxe Artística na modalidade libre para os clubes das provincias da Coruña e Pontevedra, no participarán os patinadores e patinadoras das categorías Benxamín, que só farán o programa curto, e Alevín e Infantil, que levarán a cabo tanto o curto coma o longo.
A competición da Coruña está organizada polo CP Ribeira e será no polideportivo de Artes, ubicado no lugar de Sego en Santa Uxía de Ribeira. No que atinxe á provincia de Pontevedra, será o CPA Condado o organizador no pavillón municipal Cándido Carrera Estévez de Salvaterra de Miño. O programa horario é similar en ambas, con adestramentos antes de executar os correspondentes programas curto e longo, pero no caso da Coruña os deportistas da categoría Benxamín pecharán o campionato mentres que en Pontevedra serán os primeiros en saír á pista.
A orde de saída e os horarios detallados pódense consultar na nosa páxina web http://www.artistico.fgpatinaxe.gal/