PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Abr 28

Avance Campionato Provincial de Patinaxe Artística

O certame provincial de Patinaxe Artística para as categorías Cadete, Xuvenil, Junior e Senior celébrase este sábado, 29 de abril, en Oleiros (A Coruña) e Vigo (Pontevedra) con 36 e 38 inscritos respectivamente. No primeiro caso, a organización está a cargo do CP Oleiros no pavillón Arsenio Iglesias de Santa Cruz mentres que no segundo, será o Club Castrelos PA quen se encargará de levalo a cabo no pavillón do Carme en Vigo. A primeira hora da mañá realizaranse os adestramentos de todas as categorías para, unha vez finalizados os mesmos, pasar a desenvolver o programa curto de patinaxe libre. A xornada de tarde quedará para o programa longo, tras o cal se fará a entrega de medallas aos primeiros clasificados. Os horarios e a orde de saída poden ser consultados en http://www.artistico.fgpatinaxe.gal/

 

2017-04-30-PA-Provincial-ACorunha

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL