Este sábado 14 de xullo celébranse no pavillón de Sirves en Santa Uxía de Ribeira (A Coruña) e no pavillón do C.E.I.P. Souto-Donas en Gondomar (Pontevedra) os respectivos campionatos provinciais das categorías Benxamín, Alevín e Infantil na modalidade libre de Patinaxe Artística.
Organizado polo CP Ribeira, a cita no Barbanza comezará ás 9:30 horas cos adestramentos de todas as categorías. Desde as 10:30 será a quenda do programa de disco curto mentres que pola tarde, a partir das 16:00 horas, tocaralle ao programa longo de Alevín e Infantil, xa que os patinadores da categoría Benxamín non o realizan. Un total de 40 participantes acudirán á competición.
No que atinxe á provincia de Pontevedra e baixo a organización do CPA Gondomar, serán 24 os inscritos co inicio ás 11:00 horas cos adestramentos e a partir das 11:30 o programa de disco curto. Pola tarde farase a disco longo desde as 16:00, tamén para as categorías Alevín e Infantil.
A orde de saída pódese consultar na nosa páxina web de competicións.
#eupatino