PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Mar 15

Avance Campionato Galego Só Dance e Parellas de Danza de Patinaxe Artística

O Club Patín Vagalume-Celtamotor organiza esta fin de semana no pavillón municipal de Candeán en Vigo (Pontevedra) unha nova edición do Campionato Galego Só Dance e Parellas de Danza de Patinaxe Artística, que se desenvolverá nas xornadas do sábado 16 de marzo e o domingo 17.

Na primeira delas, a competición disputarase tanto pola mañá como pola tarde, desde as 11:15 horas e as 17:00 respectivamente, aínda que en ambos casos haberá adestramentos durante os 60 minutos anteriores. O segundo día só se competirá pola mañá, desde as 10:30, con adestramentos a partir das 10:00.

Na nosa páxina web de competicións están dispoñibles os horarios completos e a orde de saída dos 30 patinadores e patinadoras de Só Dance a as catro Parellas de Danza inscritas.

#eupatino

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL