A primeira cita autonómica das tres previstas neste inicio de tempada para a Patinaxe de Velocidade dispútase este fin de semana no complexo deportivo de Elviña I da Coruña. Convocado polo Comité Rexional da modalidade para as categorías Mini, Prebenxamín, Benxamín, Alevín, Infantil, Xuvenil, Junior, Senior e Master 30, 40 e 50, tanto Masculinas como Femininas, desenvolverase en dúas xornadas, o sábado 17 de febreiro desde as 16:00 horas e domingo 18 desde as 10:00, nas que haberá probas de Sprint, Liña e por Puntos, aínda que nestas non participarán os Mini, Prebenxamín, Benxamín e todos os Master.
No documento adxunto podedes consultar as bases da convocatoria.
#eupatino.