Cunhas condicións atmosféricas favorables, algo que é imprescindible para desenvolver as competicións de Patinaxe de Velocidad ao aire libre, esta fin de semana celebrarase na pista municipal de Sada (A Coruña) ubicada no Parque Augusto César Lendoiro unha nova edición do Campionato Galego en Pista da modalidade, no que poderán participar todas as categorías.
Será tamén a primeira vez, como sucedeu no recente de Circuíto, no que se den cita os patinadores e patinadoras de cinco clubes galegos, pois á xa habitual presenza de Sada Patín, S. C. D. Rabadeira, A. D. C. Alquimia Inline e Freestyle Slalom Vigo, unirase nesta quenda o Galicia Rollers. As probas comezarán ás 16:00 horas do sábado 9 de marzo e terán continuidade o domingo 10 desde as 10:00.
#eupatino