Despois da celebración do Campionato Galego Indoor de Patinaxe de Velocidade o mes pasado, chega agora a quenda do Campionato Galego en Pista, que se celebrará os días 18 e 19 de marzo (lembremos que se aprazou o pasado fin de semana debido ás malas condicións meteorolóxicas) na pista municipal de patinaxe de Sada (A Coruña), que conta cunha corda de 150 m. A competición disputarase na tarde do sábado desde as 16:00 horas e domingo a partir das 10:00, entrando en liza todas as categorías desde Mini a Senior-Master 50. No documento adxunto podedes consultar as bases completas da convocatoria.