Este fin de semana, 28 e 29 de abril, e si as condicións atmosféricas o permiten no que semella ser este ano un factor que está obrigando a mudar de data ou incluso a suspender algunhas probas, dispútase na pista anexa ao campo de fútbol García Irmáns de Betanzos (A Coruña) o Campionato Galego en Circuíto de Patinaxe de Velocidade para tódalas categorías.
Como xa é habitual, as competicións comezarán o sábado ás 16:00 horas e continuarán o domingo desde as 10:00. No documento adxunto podedes consultar a convocatoria do mesmo.
#eupatino