O día das Letras Galegas, festividade autonómica en Galicia, é a data elixida polo Comité de Freestyle da Federación Galega de Patinaxe para convocar por primeira vez o Campionato Galego da modalidade, que se celebrará o mércores, 17 de maio, no pavillón Paco Chao do Carballiño (Ourense). Baixo a organización do club local Aehde, a competición ten aínda os horarios sen definir, pois deberán axustarse á participación que haxa nas modalidades de Classic, Battle, Speed Slalom, Derrapaxes, JAM e Salto.
Nos arquivos adxuntos podedes descargar a convocatoria do campionato e a folla de inscrición.
HORARIOS
9:30 Apertura de rexistro de participantes.
Speed Slalom
10:00 Speed Slalom Feminino – Clasificatorias.
10:30 K. O. Sistem Feminino e Masculino.
Classic e Jam
12:00 Classic Feminino e Masculino.
13:15 Jam
Derrapaxes
13:30 Derrapaxes.
Salto
16:00 Salto Feminino e Masculino.
Battle
17:30 Battle Feminina e Masculina.
18:20 Entrega de trofeos.