Logo de ter sido aprazado polas malas condicións atmosféricas hai dúas semanas, este sábado e domingo (17 e 18 de marzo), celebrarase na pista municipal de Sada (A Coruña) o Campionato Galego de Patinaxe Velocidade en Pista. Agardemos que nestas dúas xornadas o tempo respete aos patinadores e patinadoras e que a competición se poda desenvolver sen interrupcións nin cancelacións. No documento adxunto tedes dispoñible a convocatoria (que aínda está coas datas do 3 e 4 de marzo), pero que non muda no que atinxe ás categorías, probas a disputar e horarios (sábado desde as 16:00 horas e domingo a partir das 10:00).
#eupatino