Conclúen este sábado 8 de xullo os campionatos autonómicos de Patinaxe Artística coa celebración das categorías Benxamín, Alevín e Infantil coa presenza de 37 participantes. O Club Patinaxe Artística Valladares será o organizador dunha competición que se desenvolverá no Pavillón de Valadares, en Vigo (Pontevedra).
Desde as 10:00 horas e durante case unha hora realizaranse os adestramentos das tres categorías e, de seguido, o programa curto, que no caso dos patinadores e patinadoras de Benxamín será o único que fagan. Xa pola tarde, a partir das 16:30, é a quenda dos inscritos en Alevín e Infantil co programa longo, dando por rematado este Campionato Galego na modalidade libre sobre as 20:30 horas coa entrega de trofeos e medallas aos gañadores e gañadoras.
Os horarios completos e a orde de saída pódense consultar na web específica de Patinaxe Artística.