O Club Patinaxe Artística Luar organiza este sábado 13 de maio o Campionato Galego de Patinaxe Artística para as categorías Cadete, Xuvenil, Junior e Senior. Será no pavillón municipal Álvaro Pino de Ponteareas (Pontevedra), con adestramentos desde as 9:30 ata as 10:20 horas. De seguido, os patinadores e patinadoras inscritos farán o programa curto de patinaxe libre co que rematará a sesión matinal. A partir de das 16:00 horas iniciarán o programa longo ata as nove da noite, cando se procederá á entrega de medallas aos tres primeiros clasificados.