PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Feb 23

Avance Campionato Galego de Grupos Show Xuvenil e Cuartetos

Organizado polo Club Patín Porriño, o pavillón municipal da localidade do sur de Pontevedra acolle este sábado (25 de febreiro) o Campionato Galego de Grupos Show para Xuvenís e Cuartetos, con once e seis clubs inscritos respectivamente das provincias da Coruña e Pontevedra. Pola mañá realizaranse os adestramentos, iniciándose a competición ás 17:30 horas cos Xuvenís, cuxos combinados deben estar formados por alomenos oito patinadores e patinadoras con idades comprendidas entre os 13 e os 17 anos. Tras un breve descanso de aproximadamente un cuarto de hora, ás 19:15 está previsto comezar a categoría de Cuartetos, con grupos de catro deportistas como o seu propio nome indica e maiores de 16 anos.

HorariosOrde de saída

 

 

O Club Patín Porriño infórmanos que a pista do pavillón é de tarima flotante e que o prezo das entradas é de 5 € (a partir de 7 anos), pero que son numeradas para participar nun sorteo. Tamén nos recomendan varios lugares próximos ao recinto deportivo para comer cos seus respectivos números de teléfono:

– Restaurante Compton: 986 331 459

– La Hora del Boka-Tha: 886 129 117

– Cafetería Platinum: 986 348 602

– Pizzería-Hamburguesería Argentino: 986 333 010

– Restaurante Cantina 41: 986 348 635

– Tapería Bocatería O Bar de Lore: 986 339 041

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL