O pavillón municipal de Tui (Pontevedra) e coa organización do C. P. A. Ríbex acolle por segundo ano consecutivo o Campionato Galego de Grupos Show para as categorías Júnior e Cuartetos. Durante a mañá do sábado 16 de febreiro, en horario de 10:00 a 13:45, serán os adestramentos mentres que a competición para os once grupos Júnior e os catro inscritos en Cuartetos se iniciará ás 17:30 para concluír sobre as oito da tarde coa entrega de trofeos.
Na páxina web de competicións da F. G. P. no apartado de Patinaxe Artística podedes consultar a orde de saída de todos os grupos participantes.
#eupatino