PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Ene 31

Avance 16º Campionato Galego de Grupos Show Grandes e Pequenos

Por terceiro ano consecutivo, Vigo acolle o Campionato Galego de Grupos Show Grandes e Pequenos, que unha vez máis se celebrará durante a tarde do sábado, 4 de febreiro, nas magníficas instalacións da pista central do pavillón das Travesas. Nesta ocasión, a organización estará a cargo do club local C.A.R.P.A. – Viqueira, contando coa participación de oito grupos na categoría dos grandes e dez na de pequenos. Durante a mañá levarán a cabo os adestramentos, comezando a competición á tarde cos grupos pequenos ás 17:30 horas para, despois dun breve descanso, dar paso aos grandes, cuxo inicio está previsto ás 19:00.

Esta é habitualmente a primeira proba da tempada na modalidade de Patinaxe Artística, o que supón o arranque das competicións oficiais nun mes febreiro no que non haberá descanso, pois todos os fins de semana contarán con actividade xa que a esta sucederanlle a I Fase de Categoría Rexional, a I Fase de Niveis, en ambos os casos na especialidade de Patinaxe Libre, e o Campionato Galego de Grupos Show Xuvenís e de Cuartetos.

 

HorariosParticipantes

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL