O pasado fin de semana disputouse no pavillón de Rubí (Barcelona) o Torneo de Tecnificacións Autonómicas de Hóckey Liña para as categorías Alevín, Infantil e Feminina Sub-20, no que se contou coa participación das respectivas seleccións galegas, que deixaron moi boas sensacións nos encontros disputados en todas elas. Ademais de Galicia, tamén estiveron as formacións autonómicas de Cataluña, Euskadi, Comunidade Valenciana e Andalucía. O mellor resultado foi para as rapazas Sub-20, que acadaron a segunda praza mentres que os Infantís remataban terceiros e os Alevíns eran cuartos.