Co estreno da nova Liga Galega Xuvenil de Hóckey Liña, darase inicio este domingo 20 de outubro ás competicións autonómicas de Hóckey Liña, que terán continuidade a semana que vén coa Primeira Sede da Liga Galega Masculina.
Pero antes xogaranse os dous encontros da primeira xornada da categoría Xuvenil, que non será en formato de sede, senón que cada partido se disputará na pista do equipo local con Trasnos enfrontándose a Lóstregos (16:00 h) e A Guarda H. L. a C. H. L. Meigas (17:00 h).
O domingo tamén se xogará o primeiro encontro da Liga Galega Feminina, que contará coa participación de catro equipos. AQA-Alquimina Inline e Lóstregos Feminino inauguran a tempada ás 18:00 horas mentras o outro partido desta xornada quedará para o 23 de novembro entre Brigantium e C. H. L. Meigas (17:15 h).
#eupatino