Nas últimas semanas as competicións autonómicas de Hóckey Liña veñen marcadas por desenvolverse sen formato de sede, con diversos encontros das distintas categorías para optimizar o calendario e os desprazamentos dos equipos, e que se disputaron recentemente en Lugo e A Coruña. Este domingo 10 de marzo haberá unha nova quenda de partidos no pavillón dos Campóns, en Sigrás, no municipio coruñés de Cambre, así como outro no pavillón de Monte Alto da Coruña.
Horarios, resultados e clasificacións
#eupatino