Esta fin de semana disputáronse nos pavillóns Daniel Cordido de Lugo e A Carballeria de Ourense, os Playoffs correspondentes ás categorías Sénior Masculina, Sénior Feminina, Xuvenil e Infantil, cun claro dominio dos clubs lucenses.
Na xornada do sábado e sobre a pista do pavillón Daniel Cordido, Lugo, o equipo dos Másters impúxose na Final sénior masculina aos Lóstregos nun derbi lucense que leva anos sendo un clásico da categoría. Foi un partido sen un claro dominador ata a metade do mesmo, xa que en ese tramo do encontro foi cando os Lóstregos acadaron a maior vantaxe cun marcador parcial de 5 goles a 2, para acabar perdendo por un marcador de 5 a 6 a favor dos Másters.
Na categoría infantil, foi o Lóstregos quen se impuxo a Brigantium de Arteixo na quenda de penaltis, tras un disputado encontro que rematou con empate a tres tantos.
O domingo, o escenario foi o pavillón da Carballeira da cidade de Ourense. Na categoría Sénior Feminina, o equipo lucense Meigas impúxose as tamén lucenses de Lóstregas. A pesares da vantaxe inicial das Lóstregas, que chegaron a ir vencendo por un resultado de 2 tantos a 0 ao final do primeiro período de xogo, remataron perdendo na segunda parte por un resultado final de 3 a 2.
Pechando esta intensa fin de semana, foi a quenda da categoría Xuvenil, na que Lóstregos impúxose con autoridade aos locais Morcegos por un resultado final de 2 a 8.
Pódense consultar todas as estatísticas dos encontros na páxina www.hockeylinea.fgpatinaxe.gal