A modalidade de Roller Derby celebraba o pasado sábado 20 de xaneiro un encontro amigable no pavillón de Monte Alto da Coruña entre As Brigantias Roller Derby e as Bingles de Acero Barcelona Roller Derby no que, tras un partido sumamente emocionante e cheo de alternativas, remataba cun resultado favorable ás galegas de 142-130, mostrando estas unha magnífica progresión na súa aínda curta traxectoria.
As Brigantias Roller Derby teñen un calendario de partidos organizado durante os vindeiros meses, sendo o seguinte encontro o 24 de febreiro contra as Rocket Dolls de Coimbra (Portugal) na Coruña.
#eupatino