A Secretaría Xeral para o Deporte comunicou á Federación Galega de Patinaxe a aprobación da actualización do Protocolo FISICOVID DXT GALEGO presentado pola FGP.
Esta aprobación permitirá a práctica deportiva nas diferentes modalidades deportivas que integran a FGP (Patinaxe de Velocidade, Roller Derby, Freestyle In Line, Hóckey Liña, Hóckey Patíns, Patinaxe Artístico, Roller Freestyle e Skate) sen máscara para todos os deportistas maiores de 12 anos que mostren certificado de vacinación COVID con pauta completa, alomenos 14 días antes da celebración do adestramento/partido, que presenten ‘Certificado de Recuperación’, que e o certificado emitido polo servizo público de saúde que confirme que o titular recuperouse dunha infección polo SARS-CoV-2 nos últimos 6 meses, ou que realicen un test previo.
Asimesmo, todos os menores de 12 anos terán que seguir empregando a máscara cirúrxica.
Esta medida, así como o conxunto do novo Protocolo serán de aplicación inmediata dende a súa publicación, quedando xa polo tanto en vigor.