Trala celebración dunha Asamblea Xeral Extraordinaria da F.G.P este luns día 15 aprobouse a convocatoria de eleccións á presidencia da Federación Galega de Patinaxe, polo tempo que resta para a terminación do periodo correspondente o mandato ordinario, así como o borrador do almanaque electoral.
Asimesmo, tamén autorizou a Xunta xestora a introducir as modificacións que considere introducir a Xunta. O seguinte paso é a confirmación ou envío de modificaciones por parte da Secretaría Xeral para o Deporte.
Lembramos co almanaque electoral é o seguinte:
22 de novembro de 2021
As 21 :00 horas fin do prazo para presentar as candidaturas á Presidencia da FGP.
Fin do prazo para interpoñer recurso contra o acto da convocatoria ante o CGXD. Proclamación da lista provisional de persoas candidatas.
25 de novembro de 2021
As 14:00 horas fin do prazo para formular reclamacións ante a Xunta Electoral contra a lista provisional de candidatos.
Designación por sorteo celebrado pola Xunta Electoral dos membros titulares e suplentes da mesa electoral
30 de novembro de 2021
Fin do prazo para resolver as reclamacións ante a Xunta Electoral contra a lista provisional de candidatos.
Fin do prazo para que os membros das mesas electorais acepten a designación
3 de decembro de 2021
Fin do prazo para interpoñer recurso ante o CGXD contra a resolución da Xunta Electoral.
10 de decembro de 2021
Fin do prazo para resolver os recursos plantexados ante o CGDX.
13 de decembro de 2021
Proclamación definitiva das persoas candidatas á Presidencia.
15 de decembro de 2021
As 20:30 horas constitución da Asamblea Xeral para a elección a Presidente.
Constitución da mesa electoral.
Proceso de elección do Presidente.
Levantamento da acta cos resultados das eleccións.
16 de decembro de 2021 21 de decembro de 2021
Publicación dos resultados das eleccións no taboleiro de anuncios da Federación e na súa páxina web.
Fin do prazo para plantexar recurso ante CGXD contra a resolución da Xunta Electoral.
24 de decembro de 2021
Fin do prazo para resolver os recursos plantexados ante o CGXD
27 de decembro de 2021
Proclamación definitiva pola Xunta Electoral do cargo de Presidente da Federación.
28 de decembro de 2021
Toma de posesión do cargo polo Presidente da Federación.
30 de decembro de 2021
Remisión da copia da acta da toma de posesión á Secretaría Xeral para o Deporte.