Trala prórroga do estado de alarma notificado o domingo 22 de marzo polo presidente do Goberno, e ante a situación excepcional xerada pola crisis do Coronavirus COVID-19, a Federación Galega de Patinaxe informa que todas as competicións, tecnificacións e probas de calquera modalidad deportiva dependentes desta Federación autonómica quedan suspendidas de forma indefinida até novo aviso. Así como os cursos de formación previstos nas próximas datas (técnicos I, II e III e xuíces).
A FGP manterase en contacto permanente coas autoridades sanitarias e deportivas da nosa Comunidade, así como coa RFEP, e prestará puntual e inmediata información de canta decisión adóptese no relativo a esta situación extraordinaria.
Asimesmo, informarase das medidas que sexa mester adoptar para regular as disfuncións que como consecuencia desta decisión se produzcan nas diferentes probas e competicións autonómicas.