A prórroga da final da Copa Federación Senior Masculina de Hóckey sobre Patíns, que tivo que ser aprazada cando ía comezar entre o AC Órdenes e o HC Liceo, disputarase finalmente este xoves, 8 de decembro, a partir das 12:00 horas no mesmo emprazamento, o pavillón Elviña II da Coruña. Serán dous periodos de cinco minutos cada un, pero tendo tamén en conta que haberá gol de ouro, polo que si algún dos dous marca será o campión. No caso de persistir o empate, decidirase con lanzamento de penaltis.
Despois de rematar o periodo reglamentario de 50 minutos con empate a tres tantos, a decisión de aprazala tomábase logo de consultados ambos equipos, ao comprobar os xogadores que a superficie do pavillón mostraba un chan esvaradío. O encontro comezara co dominio do AC Órdenes, que se colocaba nos primeiros minutos con dous goles de vantaxe. Pero o Liceo reaccionaba, a pesar de que ao descanso aínda perdía por 3-1, tanteo que conseguía remontar no segundo periodo para finalizar co 3-3.
II COPA FEDERACIÓN
Sábado, 3 de decembro de 2016
Cuartos de final
9:00 Club Compañía de María “B” 5 – 6 Escola Lubiáns
10:30 AC Órdenes 6 – 4 CH Compostela
12:00 Club Compañía de María “A” 2 – 5 Club AA Dominicos
13:30 Traviesas HC 0 – 8 HC Liceo
Semifinais
18:30 Escola Lubiáns 4 – 5 AC Órdenes
20:00 Club AA Dominicos 1 – 5 HC Liceo
Domingo, 4 de decembro de 2016
Final
10:30 AC Órdenes 3 – 3 HC Liceo (A prórroga disputarase o xoves, 8 de decembro, a partir das 12:00 horas)