Onte sábado 27 de abril tiña que ser un día de festa para a conclusión da primeira edición da Liga Galega de Roller Derby, que celebraba a súa fase final no pavillón de Oira en Ourense cos dous derradeiros partidos da competición.
O primero deles, que decidiría a terceira e cuarta prazas entre os equipos coruñeses de Irmandiñas e As Brigantias, tiña que suspenderse cando restaban doce minutos para a súa conclusión, logo da lesión dunha das xogadoras. Dado que as condicións da pista non eran as máis óptimas e ante o acontecido previamente e co obxectivo de previr outras incidencias que puideran xurdir, os árbitros optaban por suspender este encontro e aprazar a final, que estaba prevista para as 19:30 horas entre o conxunto local de Jabatas e o vigués de Sereas Bravas.
Agora haberá que buscar unha nova data e tamén outro pavillón no que disputar esta final, aínda que o obxectivo do Comité Galego de Roller Derby é que sexa de novo en Ourense.
#eupatino