Este sábado ás 19.30 horas o Pazo dos Deportes de Riazor será unha das sedes da segunda xornada de Liga Gallega de hóckei liña en categoría femenina coa disputa do encontro entre o AQA Alquimia Inline e o CHL Meigas.
O outro choque da xornada medirá o domingo ás 12.10 a Lóstregos femenino con Brigantium no pavillón Daniel Cordido Castro de Lugo. Anteriormente, ás 11 terá lugar o partido de Liga Xuvenil entre Lóstregos e o CHL Meigas