World Skate celebrou un seminario internacional esta fin de semana en Venecia, Italia, coa presenza de xuíces, entrenadores e patinadores de todo o mundo.
Con gran satisfacción, anunciamos que o xuíz galego Alexandre Barreiro superou con éxito o exame internacional como técnico especialista de libre. O exame consistiu nunha parte teórica e nunha parte práctica, onde os candidatos tiveron que demostrar o seu coñecemento e destreza á hora de puntuar. Este logro reforza unha vez máis o potencial galego en todas as facetas da patinaxe, incluíndo o ámbito dos xuíces, demostrando a súa calidade técnica e preparación.
Coa obtención deste título, Alexandre poderá formar parte dos paneis técnicos en competicións mundiais, sumándose aos seus roles internacionalis de xuíz e Data Operator.
Con Alexandre, xa son 3 os xuíces galegos co título de técnicos especialistas de World Skate, xunto con Mario Calzas e Brais Abad.
Parabéns a Alexandre por este destacado logro e agradecemos a súa contribución ao prestixio da patinaxe galega a nivel internacional.