O pasado domingo, organizado polo ADC Alquimia Inline, celebrouse no Palacio dos Deportes de Riazor da Coruña a primeira edición do Torneo Cidade de A Coruña de Hóckey Liña no que participaron os equipos Benxamín, Alevín e Senior, neste caso nas categorías Feminina e Masculina do anfitrión e os lugueses do Lóstregos Lucus, enfrontándose cadanseu conxunto nuns partidos que, aínda que os resultados fosen de menos, estiveron dominados polos de Lugo. Este torneo amigable previo ao inicio da tempada autonómica nace con expectativas de seguir crecendo en vindeiros anos coa presenza de máis clubes, no que pode ser unha boa posta a punto antes do comezo das competicións oficiais.
Na entrega de medallas estiveron presentes Julio Parga, vicepresidente da FGP, Óscar Manuel Romay, responsable do Comité de Hóckey Liña da FGP, e Ramón Maañón, presidente do club organizador. Ademais, desta volta aproveitouse por parte do citado comité da modalidade para realizar o habitual curso de árbitros, polo que os participantes puideron ir vendo situacións reais de xogo que se atoparán nos partidos.
RESULTADOS
[Senior Feminino] ADC Alquimia Inline 0 – 13 Lóstregos Lucus
[Senior Masculino] Lóstregos Lucus 10 – 0 ADC Alquimia Inline
[Alevín] ADC Alquimia Inline 1 – 7 Lóstregos Lucus
[Benxamín] Lóstregos Lucus 10 – 4 ADC Alquimia Inline
[Fotos: ADC Alquimia]
#eupatino