Hoxe, venres 10 de xullo, publicouse no Diario Oficial de Galicia a RESOLUCIÓN coas listaxes definitivas de entidades beneficiarias das subvencións por actividades deportivas (procedemento PR945C), así como as solicitudes denegadas por non acadar a puntuación mínima, e as inadmitidas e desistidas da súa petición.
Os beneficiarios poden solicitar o cobro da axuda e achegar a documentación xustificativa a través da sede electrónica a partir de mañá, sábado 11 de xullo. O prazo para solicitar o pago do cobro rematará o vindeiro 10 de agosto.
Recoméndase ler a “GUÍA” que está dispoñible xunto coa resolución de beneficiarios no seguinte enlace.
Ver GUÍA e RESOLUCIÓN de beneficiarios (apartado CONVOCATORIAS):