No terceiro torneo que disputa na presente tempada a Selección Galega Sub-15 de Hóckey sobre Patíns contra os equipos rexionais lusos de Minho, Aveiro e Porto, o balance final tras a derradeira xornada celebrada na mañá deste domingo 11 de febreiro é dunha vitoria e dúas derrotas.
A 15.ª edición do Torneio Internacional de Carnaval tivo como escenario durante os dous días o pavillón do CART en Caldas de Taipas, no municipio portugués de Guimarães. Os xogadores adestrados por Manuel Togores perdían os dous encontros na xornada do sábado ante Aveiro e Porto, pero na de hoxe, no derradeiro partido da competición, vencían a Minho, ao igual que sucedera no recente Torneio dos Reis.
Os equipos portugueses deberán devolver a visita aos galegos no Torneo Luso-Galaico, que se desenvolverá en Galicia en sede e datas aínda por decidir.
RESULTADOS – Torneio Internacional de Carnaval
Pavillón do CART – Caldas das Taipas
Sábado, 10 de febreiro de 2018
Xornada 1
Selección Minho 1 – 4 Selección Porto
Selección Galega 1 – 2 Selección Aveiro
Xornada 2
Selección Porto 2 – 0 Selección Galega
Selección Minho 1 – 2 Selección Aveiro
Domingo, 11 de febreiro de 2018
Xornada 3
Selección Porto 3 – 2 Selección Aveiro
Selección Minho 1 – 2 Selección Galega
#eupatino
.