Non puido desta volta acadar ningunha vitoria a Selección Galega Sub15 de Hóckey sobre Patíns na competición celebrada este fin de semana no pavillón municipal de Valongo, xa que perdía nos tres encontros ante os equipos das seleccións rexionais do Minho, Aveiro e Porto. Foron todos resultados moi axustados, demostrando unha vez máis a igualdade entre os catro conxuntos que durante a tempada disputan catro torneos de carácter amigable, pero que para os galegos son moi produtivos de cara a ir probando xogadores para o Campionato de España de Seleccións Autonómicas que se levará a cabo no mes de xuño. A próxima cita será no Torneio de Carnaval organizado por AP Minho no mes de febreiro.
#eupatino
RESULTADOS
Sábado, 6 de xaneiro de 2018
Xornada 1
Selección Porto 1 – 2 Selección Aveiro
Selección Minho 2 – 1 Selección Galega
Xornada 2
Selección Porto 4 – 1 Selección Minho
Selección Galega 2 – 3 Selección Aveiro
Domingo, 7 de xaneiro de 2018
Xornada 3
Selección Aveiro 3 – 3 Selección Minho
Selección Porto 3 – 1 Selección Galega