PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Jun 04

A Selección Galega remata invicta o Torneo Luso Galaico

A Selección Galega ofreceu un excelente rendemento no Torneo Luso Galaico saldado con un fenomenal resultado como preparación ao Campionato de España que se disputará do 14 ao 17 en A Coruña, que se estivo celebrando este fin de semana (2-3 de xuño) no Pavillón Castelao I de Ordes (A Coruña) organizado polo AC Órdenes e a Federación Galega de Patinaxe. Galicia gañaba dous partidos ante os combinados rexionais de Minho e Aveiro, ambos por 3-1 na primeira e terceira xornadas mentres que na segunda empataba con Porto a tres tantos. Ao ser un torneo amigable, non se establece clasificación final, polo que ao remate unicamente se entregan medallas conmemorativas de recordo a todos os participantes.

Ademais o sábado tiña lugar no Concello de Ordes unha recepción oficial na que se lle entregaba ao alcalde do municipio coruñés, José Luis Martínez Sanjurjo, unha camiseta da selección galega por parte de Julio Parga, vicepresidente da Federación Galega de Patinaxe nun acto no que tamén se contou coa representación de Ana del Río coma presidenta do AC Órdenes e de Ana Soneira como concelleira de deportes.

 

RESULTADOS – Torneo Luso Galaico

Pavillón Castelao I – Ordes

Sábado, 2 de xuño de 2018

Xornada 1

Selección Galega 3 – 1 Selección Minho

Selección Aveiro 6 – 2 Selección Porto

Xornada 2

Selección Aveiro 3 – 2 Selección Minho

Selección Galega 3 – 3 Selección Porto

Domingo, 3 de xuño de 2018

Xornada 3

Selección Porto 4 – 3 Selección Minho

Selección Galega 3 – 1 Selección Aveiro

#eupatino

HP-2018-06-02-TorneoLusoGalaico51 HP-2018-06-02-TorneoLusoGalaico1 HP-2018-06-02-TorneoLusoGalaico2 HP-2018-06-02-TorneoLusoGalaico3 HP-2018-06-02-TorneoLusoGalaico4 HP-2018-06-02-TorneoLusoGalaico8 HP-2018-06-02-TorneoLusoGalaico7 HP-2018-06-02-TorneoLusoGalaico6 HP-2018-06-02-TorneoLusoGalaico5 HP-2018-06-02-TorneoLusoGalaico60 HP-2018-06-02-TorneoLusoGalaico59 HP-2018-06-02-TorneoLusoGalaico52

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL