De novo a Selección Galega de Hóckey sobre Patíns dirixida por Juan Copa e o seu corpo técnico terá a oportunidade de competir este fin de semana no tradicional Torneio dos Reis “Celestino Brito”, que chega á súa undécima edición organizado pola Associação de Patinagem de Porto, e que se disputará no pavillón municipal da cidade lusa de Valongo. Tras participar hai unhas semanas no Torneio de Natal, desta vez volverán enfrontarse aos conxuntos de Minho, Aveiro e Porto, exercendo este derradeiro de anfitrión. O adestrador galego manterá aos mesmos dez xogadores que viaxaron no mes de decembro a Santa María da Feira.
CALENDARIO E HORARIOS (En Galicia, unha hora máis)
Sábado, 7 de xaneiro de 2017
Xornada 1
10:00 | Selección Porto – Selección Aveiro
11:00 | Selección Minho – Selección Galega
Xornada 2
20:15 | Selección Porto – Selección Minho
21:15 | Selección Galega – Selección Aveiro
Domingo, 8 de xaneiro de 2017
Xornada 3
10:00 | Selección Aveiro – Selección Minho
11:15 | Selección Porto – Selección Galega
Selección Galega
1 Lucas Barbeito Meléndrez
2 Álex Fuentes Gómez
3 Sergio Castellanos Souto
4 David Bernárdez Fernández
5 Uxío Corral Souto
6 Ignacio Sáenz de Buruaga Doce
7 Santiago Miguélez Meléndrez
8 Xosé Calvo Laya
9 Miguel Fernández Dourado
10 Javier Pérez Guianzo