A Selección Galega masculina de Hóckey sobre Patíns completou este fin de semana en Ponte de Lima unha fase máis de cara á súa preparación para o Campionato de España, que se celebrará no mes de xuño en Sevilla. De novo o balance, tal e como sucedera no Torneio de Natal en Santa María da Feira e no de Reis en Valongo, é satisfactorio ao rematar a competición con dúas vitorias e unha derrota. O Torneio Internacional de Carnaval pecha a xeira en Portugal ante as selección das rexións de Minho, Porto e Aveiro, quedando ahora pendiente a visita dos conxuntos lusos a Galicia na sexta edición do Torneo Luso-Galaico.
RESULTADOS
Sábado, 25 de febreiro de 2017
Xornada 1
Selección Minho 4 – 0 Selección Porto
Selección Aveiro 2 – 7 Selección Galega
Xornada 2
Selección Galega 2 – 6 Selección Porto
Selección Aveiro 3 – 3 Selección Minho
Domingo, 26 de febreiro de 2017
Xornada 3
Selección Porto 5 – 0 Selección Aveiro
Selección Minho 4 – 7 Selección Galega