A participación da Selección Galega neste fin de semana no pavillón Lavandeira de Santa María da Feira saldouse con dúas vitorias e unha derrota, esta na derradeira xornada ante a Selección de Porto logo de vencer onte sábado aos conxuntos de Minho e Aveiro, establecendo así un primeiro contacto que terá continuidade proximamente nos Torneios de Reis e Carnaval de cara á preparación para o Campionato de España no próximo mes de xuño.
RESULTADOS
Sábado, 17 de decembro de 2016
Xornada 1
Selección Aveiro 2 – 5 Selección Porto
Selección Minho 1 – 2 Selección Galega
Xornada 2
Selección Porto 3 – 1 Selección Minho
Selección Galega 3 – 0 Selección Aveiro
Domingo, 18 de decembro de 2016
Xornada 3
Selección Galega 0 – 5 Selección Porto
Selección Aveiro 0 – 4 Selección Minho