A partires de mañá, día 11, ao día 14 de maio celebrarase en Jaca o Campionato de España de Seleccións Autonómicas Sub 15 de Hockey Liña (masculino e feminino), na que participará a Selección Galega.
A competición está organizada pola Federación Aragonesa de Patinaje e terá lugar no Pabellón de Hielo de Jaca e no Polideportivo Municipal de Canfranc.
As seleccións participantes, ademáis da galega, son Castilla y León, Euskadi, Madrid, Cataluña, Valencia, Canarias, Andalucía e Aragón, entre as que acudirán uns 300 deportistas.
Desde a Federación Galega de Patinaxe desexámoslle moita sorte á Selección Galega.