A Liga Galega de Roller Derby cubriu un novo capítulo no pavillón de Fontiñas o sábado 16 de febreiro coa segunda xornada da competición, desta volta organizada por As Brigantias e coa colaboración da concellaría de deportes de Santiago de Compostela.
Loxicamente o interés estaba centrado no partido entre As Brigantias Roller Derby A Coruña e Sereas Bravas Roller Derby Vigo, o cal non defraudou pois houbo moita igualdade entre ambos conxuntos, como non podía ser doutro xeito, decantándose finalmente a favor das viguesas por un resultado de 104-126. No segundo partido da xornada, Irmandiñas Roller Derby A Coruña cedía ante Jabatas de Ourense por 30-291. Os compoñentes dos catro equipos queren agradecer a colaboración de todo o persoal de arbitraxe, tanto oficiais con NSO ou sen patíns.
Irmandiñas será o anfitrión da terceira e derradeira xornada da Liga Galega o 16 de marzo no pavillón de Monte Alto da Coruña e que decidirá que formacións xogarán a final e o partido polo terceiro e cuarto posto, que terán lugar en Ourense o 27 de abril.
[Fotos: Álex Novoa]
#eupatino