A selección española feminina de Skateboarding prosigue coa súa posta a punto cara a futuras probas clasificatorias para Tokyo 2020. Próximamente, World Skate anunciará as sés e datas para as competicións que serán puntuables para obter a primeira clasificación da historia para uns Xogos Olímpicos.
A rider coruñesa Julia Benedetti, ademáis de Andrea Benítez, de Alxeciras e a barcelonesa Mar Barrera, dirixidas polo seleccionador nacional, Alain Goikoetxea, retoman as concentracións para estar nas mellores condicións, pensando na volta dos campionatos internacionais e nacionais.
As tres están citadas do 8 ó 12 de febreiro no Skate Life Farm de Santander.