A Liga Galega Benxamín de Hóckey Liña disputou este domingo 28 de abril a súa Quinta e derradeira Sede da competición, aínda que a mesma non rematou pois restan tres encontros por celebrarse. No pavillón Daniel Cordido Castro de Lugo e organizada por C. H. L. Meigas xogáronse os das xornadas 10 e 11 e un da 13, pero os que faltan apenas mudarán a clasificación ao estar decididos os catro equipos que xogarán a Final a 4. Peque Lóstregos rematará como líder ao final da fase regular mentras Minimeigas ten practicamente garantida a segunda posición. Galicia Rollers e Morcegos serán os outros dous conxuntos clasificados, grazas en parte á decisiva vitoria dos ourensáns ante A. D. C. Alquimia Inline nun partido cheo de emoción que se resolveu nos minutos finais con Morcegos remontando un adverso 1-3 para rematar gañando por 4-3.
[Fotos: Lóstegos Lucus e Morcegos]
#eupatino