A primeira sede de Hóckey Liña, xornadas 1 e 2 da Liga Autonómica Masculina, celebrarase o 1 de outubro no Pavillón Daniel Cordido de Lugo e estará organizada por Másters Hóckey Liña.
Ás 12:30h. terá lugar unha homenaxe a Alejandro Núñez en presencia do Concelleiro D. Jorge Bustos e da Presidenta da FGP Dña. María Jesús Vázquez, que entregarán un recordo aos familiares do árbitro.