Como ves á túa selección e con que perspectiva afrontades o Eurohockey2018?
Vexo a selección con moitas ganas e moi ilusionada. Sabemos que temos un gran grupo e un corpo técnico moi bo e que todos confiamos moito no que temos á beira. Esta confianza trasladámola logo na pista. Estamos impacientes por comezar xa e facernos co título europeo.
Cal é a función principal ou que debe achegar un capitán dun equipo nacional?
Tento axudar moito aos compañeiros en calquera tema que necesiten, estou alí para axudarlles en calquera cousa. Dentro da pista un capitán ten a función de organizar un pouco o xogo pero hai outros xogadores que tamén o poden facer e nada, tento axudar ao equipo tanto fora como dentro.
Que supón para ti xogar o Eurohockey nunha cidade de tanta tradición como A Coruña?
Creo que é unha das mellores cidades que hai para xogar a hockey. Eu estiven dous anos xogando no Hockey Club Liceo, os cales estiven moi a gusto e é unha cidade que ten moito encanto e onde se respira hockey. A xente da Coruña envórcase co hockey, todos os nenos e nenas… Os coruñeses son xente estupenda que nunca dubida de ir animar e creo que contaremos coa vantaxe de que a xente vai vir a apoiarnos.
#eurohockey2018 #OKEuroM #OKCoruna #OKEuro2018 #ACoruña #eupatino