Como ves á túa selección e con que perspectiva afrontades o Eurohockey2018?
Unha selección unida e motivada para loitar polo Europeo. A perspectiva é simple, pelexar partido a partido pola vitoria para chegar á final e poder festexar o título europeo.
Cal é a función principal ou que debe aportar un capitán dun equipo nacional?
Conseguir unir e agregar ao grupo en torno a un obxectivo común. No noso caso, representar ao noso país e loitar polo título europeo.
Que supón para ti xogar o Eurohockey nunha cidade de tanta tradición como A Coruña?
É un orgullo enorme representar ao meu país nunha competición tan importante e facelo nunha sé con tanta tradición, aínda se fai máis especial.
#eurohockey2018 #OKEuroM #OKCoruna #OKEuro2018 #ACoruña #eupatino