Este sábado 10 de novembro, no pavillón Agra 1 da Coruña, terá lugar ás 18:30 horas o segundo partido da primeira xornada da Liga Galega Senior Feminina entre Brigantium e A Guarda HL, pois esta competición non terá un calendario por sedes, senón que se xogarán as 10 xornadas previstas en diversas datas atendendo, principalmente, á disposición catro equipos que a compoñen.
De feito, esta comezou o pasado domingo 4 de novembro no pavillón Daniel Cordido Castro de Lugo, co partido que disputaron Lóstregos HL de Lugo e ADC Alquimia Inline da Coruña cun resultado de 9-1 favorable aos locais.
Horarios, resultados e clasificación
[Fotos: Lóstregos HL e ADC Alquimia Inline]
#eupatino