Esta fin de semana teremos tres novos partidos da Liga Galega Senior Feminina, sendo o primeiro deles o que enfrentará a Brigantium e ADC Alquimia Inline o sábado 24 ás 18:30 horas no pavillón Agra 1 da Coruña, correspondente á xornada 3. Os dous encontros da segunda xornada celebraranse o domingo, con A Guarda HL xogando ás 12:30 no pavillón de Bouzas de Vigo contra Lóstregos Feminino e ADC Alquimia Inline facéndoo, unha vez que remate a sede Benxamín, no Palacio dos Deportes de Riazor a partir das 19:30 contra Club Hóckey Feminino Meigas.
[Foto: ADC Alquimia Inline]
Horarios, resultados e clasificación
#eupatino