PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

Oct 19

A Liga Galega Masculina de Hóckey Liña comenza este domingo

A pasada semana arrincaban oficialmente as competicións de Hóckey Liña nacionais para os equipos que nos representan, sendo a primeira delas a Liga Prata Masculina que se iniciaba coa 1ª Sede na localidade barcelonesa de Sant Adrià de Besòs, onde o CP Lóstregos Lucus disputaba os tres primeiros encontros, saldados todos eles con derrotas.

E este próximo sábado será a quenda do CHL Meigas e CP Lóstregos Lucus, ambos de Lugo, na Liga Ouro Feminina, que comezarán a competición con dúas xornadas nunha 1ª Sede organizada por Lóstregos, na cal se disputarán as dúas primeiras xornadas das 10 previstas no pavillón Daniel Cordido Castro do barrio da Piringalla.

22519475_10212352422878265_5066095084923602769_n

Tamén comeza a Liga Galega Masculina

No que respecta ás competicións autonómicas, ao día seguinte e no mesmo escenario onde se desenvolverá durante a xornada anterior a Liga Ouro Feminina, ponse en marcha a Liga Galega da categoría Masculina de Hóckey Liña coa súa 1ª Sede, na que se celebrarán as dúas primeiras xornadas de competición organizadas polo CP Lóstregos Lucus e que, como novidade, contará cun equipo máis que na tempada pasada, pois o Brigantium de Arteixo presentará dúas formacións. De novo os conxuntos se distribúen por toda a xeografía galega con representación nas catro provincias, aínda que como xa ocorreu na 2016-2017 os favoritos serán dúas das tres formacións de Lugo, o vixente campión CP Lóstregos Lucus e CHL Cabuxos, aos que sumarán ADC Alquimia InLine da Coruña, Brigantium e Brigantium Beta de Arteixo, Lóstregos Máster de Lugo, Vigo Blue Ringed, Morcegos HL de Ourense e A Guarda Hóckey Liña.

A Liga Galega Feminina comezará o 3 de decembro, tamén en Lugo, pero que xa podedes consultar o calendario das 6 xornadas previstas distribuídas en tres sedes cos catro equipos que participarán na mesma: Club Hockey Feminino Meigas, Lóstregos Feminino, ADC Alquimia InLine e Brigantium.

#eupatino

Datas de todas as sedes das categorías Masculina e Feminina:

LIGA GALEGA MASCULINA

Sede 1 – 22/10/2017: CP Lóstregos Lucus.

Sede 2 – 05/11/2017: CHL Cabuxos.

Sede 3 – 17/12/2017: A Guarda Hockey Liña.

Sede 4 – 14/01/2018: CP Lóstregos Lucus.

Sede 5 – 04/02/2018: Club Vieja Escuela Roller.

Sede 6 -11/03/2018. CP Lóstregos Lucus.

Sede 7 – 08/04/2018: ADC Alquimia InLine.

LIGA GALEGA FEMININA

Sede 1 – 03/12/2017: CP Lóstregos Lucus.

Sede 2 – 07/01/2018: Club Meigas.

Sede 3 – 18/03/2018: Club Alquimia.

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL